Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As rúas foron un fervedoiro co Baio ten a pelota

Comercios do Baio Ten a Pelota 2023 copia
Comercios na rúa no Baio Ten a Pelota
As rúas foron un fervedoiro co Baio ten a pelota

Fin de semana completa en Baio. A nova edición da iniciativa “Baio ten a pelota” encheu as rúas de cores, postos e vida. O Concello colleu o relevo da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, e formulou unha desas xornadas que serve para incentivar o consumo no comercio e na hostalería local.

Máis de 70 negocios participaron na campaña, e moitos sacaron os seus postos a unhas rúas ben amenizadas pola música dos Kilomberos de Monte Alto, a Charanga NBA ou a Charanga Santa Compaña. A Praza Jorge Mira ademais acollia numerosos xogos para a cativada, con inchlabes…

sorteo-baio-ten-a-pelota
Tania Carreira e Jorge Mira dirixiron o sorteo dos premios

O domingo, coincidindo coa feira, celebráronse na mesma praza o sorteo dos premios de 500 e 1.000€ para gastar nos comercios do Concello de Zas. O propio Mira acompañado de dúas mans inocentes extraerom da urna as dúas tarxetas gañadoras de 500€ e 1.000€ para gastar nos diferentes comercios e locais de hostalería de todo o Concello de Zas.

Comentarios