Este sábado comeza a primeira das andainas para coñecer “Zas a pé”

08:13 28/06/24
Este sábado arranca o programa para coñecer “Zas a pé” co que o Concello de Zas pretende fomentar o deporte e poñer en valor a nosa riqueza natural e cultural.
A primeira das andainas discorrerá pola beira do río Grande ao seu paso por Baio. A saída será ás 09:30 horas dende a Praza Jorge Mira para visitar a Carballeira de Baio e Pedra Vixía. Este é un roteiro circular, duns 12 quilómetros aproximadamente e de dificultade baixa.
Todas aquelas persoas interesadas en facer unha ou varias andainas deberán anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056. Esta é unha actividade gratuíta.