Xoves. 30.05.2024
El tiempo

Este sábado comeza a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cunha comedia para todos os públicos

Teatro Faiscas-Arteixo a pousada da pantasma coxa
Este sábado comeza a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose cunha comedia para todos os públicos

Este sábado, día 20 de abril, ponse en marcha a VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa representación de “A pousada da pantasma coxa”, que nos chega da man da Asociación Cultural Faíscas de Arteixo.

Mariquiña e Teresiña son dúas camareiras de piso que traballan nun pequeno hotel propiedade de dona Sabela. O establecemento ten moitos problemas para facerlle fronte ás débedas. Para atraer clientela e non verse na obriga de pechar, ofertan o lugar como encantado por unha pantasma coxa que aparece polas noites. Mentras tratan de resolver unacertixo deixado no testamento polo defunto marido de Sabela, a cas pasa por divertidas situacións entre familiares e hóspedes.

Este é un pequeno resumo da comedia que representarán a partir das 21:00 horas no Auditorio de Baio. A entrada é de balde e está aberta a todos os públicos.

Votación

Ao igual que nas anteriores edicións, o público ten un papel importante xa que o final de cada obra deberá facer unha valoración totalmente anónima e en función da cal se repartirá un dos premios deste certame no que o Concello de Zas repartirá 3.900€.

Comentarios