Luns. 29.04.2024
El tiempo

Estas son as cinco obras finalistas da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

  • As representacións serán os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio
VII_Mostra-Teatro-Afeccionado-Labarta-Pose-Zas
VII_Mostra-Teatro-Afeccionado-Labarta-Pose-Zas
Estas son as cinco obras finalistas da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

O xurado da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, formado por membros do Concello de Zas e do Grupo de Teatro Badius, vén de dar a coñecer as obras finalistas da presente edición do certame ao que se presentaron cerca de trinta pezas de teatro procedentes de grupos e/ou compañías de toda a comunidade. 

Estas son as obras finalistas e os seus días de representación:

“A pousada da pantasma coxa”; unha comedia para todos os públicos que nos chega da man da Asociación Cultural Faíscas de Arteixo e que se representará o 20 de abril as 21:00 horas no Auditorio de Baio.

“Lonxe dos teus abrazos”; da Asociación Cultural Teatro do Ar, de Nigrán. A función, unha comedia romántica dirixida a maiores de 8 anos, será o 27 de abril as 21:00 horas no Auditorio de Zas.

“Fatum”, de O Catre Teatro de As Pontes de García Rodríguez. Esta é unha comedia para todos os públicos que se representará o 4 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Baio.

“Crónica dun pobo”, unha comedia de Gargallada Teatro que chega dende O Barco de Valdeorras e que nos interpretarán do 11 de maio as 21:00 horas no Auditorio de Baio. Tamén está dirixida a todos os públicos.

“O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros. Este drama, dirixido ao público adulto, representarase o 18 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Zas.

O Concello de Zas repartirá un total de 3.900€ entre estas cinco obras finalistas. Pero para coñecer o reparto dos premios teremos que agardar ata o 25 de maio, día no que terá lugar a entrega de premios nun acto que se celebrará a partir das 18:00 horas no Auditorio de Zas e no que o alumnado da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas interpretarán varias pezas. 

A Antoloxía, no MPG

O Museo do Pobo Galego acolle o vindeiro martes, día 16 de abril, a presentación da “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose editada por Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela e publicada pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Zas.

Ademais dos propios editores no acto de presentación do libro do vindeiro martes intervirán Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Jorge Mira Pérez, voceiro da Comisión Letras Galegas para Labarta Pose; Manuel Muíño, alcalde de Zas; e Xesús Domínguez Dono, director de produción da Editorial Galaxia.

O libro - que xa está na rúa dende o pasado mes de febreiro - recolle 40 poemas en lingua galega de Enrique Labarta Pose e forma parte da colección Letras Galegas Clásicos. Ademais de poder consultarse nas Bibliotecas Municipais de Zas e Baio o Concello de Zas enviou dous exemplares a todos os centros de Educación Secundaria da contorna co fin de achegar a obra de Labarta Pose a todos os públicos.

Comentarios