Sés e Benedicta, dúas loitadoras para seguir aprendendo “ao son delas”


Impresionante o ciclo ”Ao son delas”, xestionado polo alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema de Baio. Un ciclo de encontros entre artistas galegas e mulleres da comarca, que nace coa intención de sementar cultura e activismo feminista, e que forma parte dun proxecto máis amplo de Centro denominado "Feminino Plural".
A seguinte cita, aberta a toda a comunidade, celebrarase este luns 19 de febreiro a partir das 16:30 na cafetería do centro, “readmirando a condición” de María Xosé Silvar (SES) e Benedicta Tomé para xantar, parolar e rematar escoitando un concerto de Sés (aberto a toda a comunidade educativa) presentando o seu novo traballo discográfico.
Benedicta Tomé é unha labrega- pandereteira do Couto de Muíño en Zas) e Sés, é a máis que coñecida artista e activista da música de Bergantiños. O nexo en común destas dúas mulleres -que non se coñecen entre sí- é a súa paixón pola terra e a súa identidade musical. Dúas loitadoras que fan xirar o mundo coa súa enerxía e que, de seguro, engaiolarán ao público coas súas vivencias.
Poderíamos dicir que a aldea de Muíño é un dos epicentros sonoros máis importantes para a difusión da música tradicional galega, posto que das súas fontes de sabiduría popular beberon e beben moitas artistas galegas. O luns xuntarán tradición e modernidade nun tándem para “aprender cuestionando o saber popular”, porque como dí María Xosé Silvar: “Eu nacín onde nacín e teño orgullo e máis ben. Que non pode amar o alleo quen non estima o que ten”.
O programa continuará readmirando a condición os vindeiros meses con A banda da Loba e as regueifeiras Alba María e Lupe Branco, entre outras.
Novas relacionadas
- Baio móvese “ao son delas”.
- Guadi Galego abre o ciclo de encontros con mulleres relevantes que pon en marcha o alumnado do IES de Baio
Máis novas
- Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- Íntegro ensina ao alumnado do IES de Baio a previr as lesións medulares
- Lupe Blanco, a nova regueifeira de Bergantiños:
- A Semana Cultural do IES de Baio: Moito máis que regueifa
- O alumnado de Baio enreguéifase.
- A regueifa sigue viva no IES de Baio
- Xabier Díaz: “A Costa da Morte é unha terra fértil en folclore”
- “As letras galegas xa non son se non hai Festiletras”
- O IES de Baio premiado por recuperar a paisaxe e os cultivos das Terras de Soneira
- O IES de Baio cumpe 20 anos
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IES Maximino Romero de Lema