Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo póñense de Entroido

Entroido Torres do Allo 2024
As Torres do Allo póñense de Entroido

Ademais do completo programa de Entroido do Concello de Zas,  día 10 de febreiro ás 16:00h realizarase un obradoiro no pazo máis antigo de Galicia polo Entroido. Nesta actividade de balde os nenos e nenas están convidados e convidadas ás Torres do Allo para diseñar os seus propios complementos para os disfraces. Un taller no que traballarán aproximadamente durante unha hora con varios tipos de materiais fáciles de manexar para crear gorros de bufóns, bigotes, gafas e todo tipo de complementos.

Para participar no obradoiro de entroido será preciso inscribirse previamente nos Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo ([email protected]). As prazas serán limitadas Ademáis diso tamén se propocionan os servizos de visitas guiadas polo pazo ás 13:00h e ás 17:00h.

Tamén estarán dispoñibles as exposicións de “As Torres tal como eran” e “Terra de pazos” onde explicarán como foron as Torres do Allo antes da súa restauración e información sobre todos os pazos e casas grandes de toda a Costa da Morte.

Comentarios