mércores. 30.04.2025
El tiempo

As Torres do Allo terán un horario de apertura especial para Semana Santa

Horario especial Semana Santa 2025 copia
As Torres do Allo terán un horario de apertura especial para Semana Santa

A oferta da Costa da Morte para esta Semana Santa aderézase coa que nos trae o Pazo máis antigo de Galicia. As Torres do Allo ampliarán os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 12 e 20 de abril en horario de 11 a 20h.


Todas aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis na apaixonante historia das Torres terán a posibilidade de participar nunha das visitas guiadas diarias que se farán ás 13h e ás 17h e os máis cativos contan coa opción do Xogo de Pistas “O legado de Francisca”. Ademáis estará dispoñible a exposición, “As Torres tal como eran”.

“As Torres tal como eran. Últimas pegadas dunha vida fidalga” é un percorrido a través de 12 fotografías en grande formato (100 x 85 cm) colocadas nos mesmos espazos onde foron realizadas para que os/as visitantes poidan apreciar como eran antigamente esas dependencias e os cambios experimentados a través do tempo.

O 19 de abril realizarase un obradoiro para celebrar o día do planeta no que poderán participar nenos e nenas de 5 a 10 anos de balde. Anunciarase máis detalles deste evento nas redes sociais das Torres do Allo nos próximos días.

Comentarios