Martes. 30.04.2024
El tiempo

O TSXG suspende, de forma cautelar, outro Parque Eólico, este situado entre Zas e Santa Comba

Mapa Parque Eolico Lagoa II Santa Comba e Zas
Mapa Parque Eolico Lagoa II Santa Comba e Zas
O TSXG suspende, de forma cautelar, outro Parque Eólico, este situado entre Zas e Santa Comba

Antonte foi o de Bustelo. Hoxe, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anuncia a suspensión cautelar do parque eólico Lagoa II, situado entre Zas e Santa Comba.

Boas novas para os sectores conservacionistas e para o noso territorio durante estes días nos que ademais, segundo nos confirman dende ADEGA, conseguiuse superar primeira fase do reto de micromecenazgo para poder levar o PE Monte da Croa ante os xulgados.

A Laboa II

O alto tribual anula pois resolución da Xunta de Galicia na que concedeu as autorizacións administrativas previa e de construción deste parque promovido por Engasa Lago, desta olta gracias a un recurso presentado pola asociación ecoloxista Petón do Lobo.

A sentenza considera que o parque casiona “unha afectación ecosistémica, derivada -como mínimo- da execución das obras no espazo natural, como consecuencia de remexer as terras, da implantación das infraestruturas eólicas, etc.. Recoñece ademais que o informe da entidade resalta “que o dano ambiental a múltiples especies de flora e fauna está asegurado”. O tribunal subliña que “estes informes -ao contrario do que opinan as partes contrarias- acreditan, polo menos de forma indiciaria, un potencial efecto danoso de tipo ambiental”, á vez que engade que, aínda que a Administración e a codemandada, cos seus propios informes periciais, “parece que teñen escasa percepción do mal que pode supoñer o seu comportamento, ao tratar de minimizalos (os danos) ou desprestixiar aos seus autores”.

Podemos estar ante outra sentenza exemplar, pois os maxistrados deixan claro que “os intereses empresariais da promotora entendemos que non deben primar fronte ao medio ambiente”.

O auto non é firme, pois contra el cabe presentar recurso de reposición.

Novas relacionadas

 

Comentarios