Luns. 29.04.2024
El tiempo

Recta final para levar o enésimo proxecto eólico da Costa da Morte á Xustiza

Eolicos no Monte da Croa Costa da Morte
Imaxe da zona de Cerbán, na parroquia de Castrelo
Recta final para levar o enésimo proxecto eólico da Costa da Morte á Xustiza

Este mércores é o último día da campaña de recadación “Ti podes paralos” de Adega para a fase 1 do contencioso contra o PE Monte da Croa, que afecta os concellos de Vimianzo e Dumbría.

A día de hoxe fan falta aínda 1.000 euros para alcanzar, a través das doazóns que se realizan a través desta web de crowdfunding, aos 3.650€ necesarios para afrontar o proceso xudicial.

Varias asociacións da comarca de Soneira apuran esta oportunidade de frear a construción dun polígono eólico que supera os 30 km2 e se estende sobre 20 núcleos de poboación, cuxas propiedades perderían dereitos de uso e un valor de mercado do 30%, según os últimos estudos do sector. Desde Berdoias alertan da localización de 3 dos aeroxeradores, pois as obras alterarían as fontes e, polo tanto, o abastecemento de auga do núcleo da parroquia.

A asociación Baíñas no Camiño indica que ditos muíños tamén afectarían paisaxisticamente a Vía Mariana, e amosa a súa preocupación pola influencia negativa que poidan ter sobre a delimitación do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, en trámites de aprobación. A agrupación Eólica Así Non de Vimianzo denuncia que os outros 4 aeroxeradores, de 180 metros de altura, están demasiado cerca de núcleos como Piñeiros ou Lavandeira, poñendo en risco a saúde da poboación. Tamén denuncia que a Xunta de Galicia foi aprobando os trámites sen informar a veciñanza nin avaliar correctamente as consecuencias.

Toda a info en tipodesparalos.helpbysc.com.

Comentarios