Luns. 29.04.2024
El tiempo

O TSXG anula a autorización da Xunta a Greenalia para construír o parque eólico Bustelo

Mapa Parques eolicos bustelo campelo e monte toural
O megaparque de Greenalia foi fragmentado en 3
O TSXG anula a autorización da Xunta a Greenalia para construír o parque eólico Bustelo

Nova batalla legal vencida contra a invasión eólica. Desta volta o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou, por non ser conforme a dereito, a autorización administrativa previa e de construción concedidas pola Xunta á empresa Greenalia para construír o parque eólico Bustelo, situado nos concellos de Coristanco e Carballo.

O tribunal acolleu o recurso interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) contra a decisión da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais de xuño de 2021, pola que lle concedeu as autorizacións á promotora.

Os maxistrados consideran probado que se produciu unha indebida fragmentación do proxecto do parque eólico, formando 3 parques (Bustelo, Monte Toural e Campelo), separando así as avaliacións de impacto ambiental destes tres parques que en realidade, "non eran autónomos, senón integrados e dependentes entre si, ao compartir estruturas e conexións, a pesar de que as solicitudes se formularon en datas distantes entre si”. O TSXG, polo tanto, conclúe que a avaliación ambiental ordinaria tería que ser única.

A Sala recoñece que a sentenza notificada o pasado venres ás partes, contiña un erro: en lugar de poñer “estima” poñía “desestima”. Un equívoco que fixo que moitos medios publicasen que Greenalia retoma a actividade no parque, por non ler a sentenza completa.

Comentarios