Un certame de murais en galego para festexar o Samaín co SNL de Zas
Saíran o ano pasado 6 estupendos vídeos de terror para lembrar o Samaín, no marco do certame convocado polo Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística. Este curso, o SNL cambia vídeos por murais e convoca un novo certame para festexar o Samaín.
O concurso servirá para conmemorar a festividade do Samaín, pero tamén para promover o uso da lingua galega entre a xuventude do municipio, e fomentar a creatividade de base en lingua galega como forma lúdica de galeguización e de creación do mercado cultural.
Poderá participar, formando equipos por aulas, o alumnado de infantil, primaria e secundaria que curse estudos, durante o curso 2010-11, nos centros de ensino participantes.
O prazo de presentación comezará o día 11 de outubro e rematará o día 27 de outubro de 2011. E outorgarase un premio por categoría consistente en materiais didácticos para a aula gañadora.
A decisión do xurado farase pública o día 31 de novembro e seralle comunicada ao EDL de cada un dos centros participantes.
Máis información
As bases completas pódense consultar no Blog do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas: snlzas.blogaliza.org.