Un incendio nun punto limpo de Baio provoca un intenso fume



A tarde de onte esstivo marcada en Baio por un forte incendio. O punto limpo dunha empresa da Cacharoza, unha pequena nave, na que se almacenaban colchóns, plásticos e diversa maquinaria, botaba a arder arredor das 18:00h da tarde, e provocaba un fume negro en toda a zona.
Os Bombeiros de Santa Comba, que traballaron na extinción do incendio dende as oito da tarde ata as once da noite, indicaron que o lume quedou controlado axiña, polo que non houbo risco algún de contaminación. Igualmente, confirmaron que ninguén resultou ferido ou afectado. Un particular advertiu do incendio ao persoal do CAE 112 Galicia cando pasaban apenas uns minutos das oito da tarde de onte. Ademais dos efectivos do parque comarcal, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración da Garda Civil e Protección Civil de Zas.

Novas relacionadas
- 02-03-15: Arde en Mazaricos a maquinaria dun taller.
- 11-02-15: Un incendio no centro de Carballo causa dous feridos.
- 19-01-15: Calcinada unha vivenda en Corcubión.
- Un coche queda calcinado diante do cruceiro de Seiruga.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).