Unha ferida leve en Brandomil tras colidir o coche no que viaxaba contra un camión
20:48 08/08/16
Unha muller do lugar de Pudenza - Zas - resultou ferida de carácter leve este mediodía despois de colidir co seu coche contra un cambión de reparto de butano. A ferida era unha das ocupantes do vehículo e foi trasladada en ambulancia polo persoal sanitario. No momento de producirse o accidente, o camión que circulaba á altura de Brandomil, en Zas, transportaba 20 bombonas de butano e dúas mais que ían baleira; ainda que a carga non se viu afectada.
Unha persoa alertou sobre as 15:40 horas aos servizos de emerxencias. Ata o lugar do sinistro desprazaouse un equipo médico, os bombeiros de Santa Comba e axentes da Garda Civil de Tráfico.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Axega