Unha viaxe polos camiños patrimoniais


A activa entidade Senda Nova pechou o ano en clave de conto. Por un lado, o programa Historias de Inverno remataban en Cerqueda, da man de Xosé Manuel Varela e Manuel Bouzas ("O Vinculeiro"), dous dos homes que mellor coñecen e mellor coidan o patrimonio bergantiñán. Ademais, este pasado domingo, os veciños de Carreira, en Zas, trasladáronse a tempos pasados de fachos, castañas, lareira e unión veciñal, coa visita do Apalpador.
O Vinculeiro lembrba aquelas historias que escoitaba hai anos nas lareiras das casas de Cerqueda e Santiso. E Xosé Manuel, lugar a lugar, parroquia a parroquia, percorreu a completa xeografía malpicá dos tesouros patrimoniais e etnográficos, facendo ademais da toponimía unha arte.

Dende o Pico de Meda, baixou o Apalpador
Este domingo tocaba visita especial. O Apalpador baixaba das montañas de Pico de Meda a visitar aos cativos zaenses antes de marchar de novo cara o Courel e despois de pasar por Corcubión e todo Bergantiños. Xogos, lobos, historias… o local social da Asociación de Veciños O Santiaguíño de Carreira encheuse de vida para o recibimento.
Os maiores coidaban da lareira, os pequenos disfrutabn ledos as interesantes dinámicas realizadas arredor desta recuperada figura galega. As caras dos cativos cando saíron cos fachos prendidos polas corredoiras para ver baixar do Pico de Meda ao carboeiro, escoltado polas señoras da casa, entre a espesa brétema soneirá.
Falou de respecto da natureza, de lobos, de xoguetes feitos a man, de liberdade, de montaña, dun consumismo que nos devora… Todo amenizado por un pouco de música tradicional que puxo a guinda a esta cita.

Novas relacionadas
Fonte
- Senda Nova.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).