Mércores. 28.10.2020
El tiempo

O verán devolve á vida cultural ás Torres do Allo

O verán devolve á vida cultural ás Torres do Allo

Comeza o verán e as Torres do Allo cobran vida. A axenda cultural extenderase de xullo ata finais de setembro con diferentes propostas.

Por exemplo, as Visitas Guiadas diarias danse ás 13:00 e ás 17:00 (previa cita para grupos), onde tamén poderedes participar no famoso Xogo de Pistas.
Na visita pódese disfrutar da exposición “A Brandomil Romana” que se extenderá ata finais de setembro.

Cada sábado e domingo de haberá unha Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, ás 19:30.

Dende o 15 de xullo ata o 30 de agosto é o período de participación no noso concurso fotográfico IV edición Enfoques do Allo.

E un dos actos máis interesantes será o do 31 de agosto coa celebración do Mercado de San Ramón, centrado na artesanía.

Todas as actividades son de balde.

Novas relacionadas

comentarios