Luns. 11.11.2019
El tiempo

Volven as visitas teatralizadas ás Torres do Allo por Semana Santa

Volven as visitas teatralizadas ás Torres do Allo por Semana Santa

Os distintos espazos de interese turístico do noso concello xa están preparados para recibir os días fortes da Semana Santa. Nos últimos anos, o Concello de Zas é un punto de parada obrigada para os amantes da natureza e do patrimonio cultural polo que o goberno municipal leva varios anos traballando para poñer en valor estes recursos e para promocionalos co fin de que iso repercuta na economía local.

As Torres do Allo é o lugar máis visitado do noso municipio e, un ano máis, a oferta de actividades amplíanse nestas datas. O pazo máis antigo de Galiza abre todos os días de 11:00 a 20:00 horas onde ademais de ver a exposición fotográfica LembranZas, os visitantes poden realizar unha visita guiada que se realizan todos os días ás 13:00 e ás 17:00 horas. Ademais, o venres e sábado (19 e 20 de abril) volven as visitas teatralizadas que serán ás 19:00 horas. Todas as actividades son de balde.

Ruta dos Pazos

Este non é o único monumento que temos nas nosas terras xa que calquera das 16 parroquias que compoñen o Concello de Zas alberga un importante patrimonio natural e cultural que se pode ceñecer a través da Ruta dos Pazos. Brandomil é outros dos puntos que son parada obrigada dentro do noso municipio. Para coñecer a ponte romana e a súa contorna, o Concello de Zas deseñou a Ruta de Brandomil para realizar a pé e en coche e na se percorren o castro de Brandomil, os restos romanos que se poden atopar no lugar, o pozo de Limideiro e a Arca da Piosa. Ademais destes lugares, o Concello de Zas agocha unha enorme cantidade de paraxes naturais (tales como as carballeiras de Zas e de Baio) que xunto coa oferta gastronómica e comercial fan que o noso municipio sexa un punto de referencia para os visitantes.

Novas relacionadas

Comentarios