Volven as Visitas Teatralizadas ás Torres do Allo
No marco do programa de Verán das Torres do Allo e en paralelo ao completísimo programa Cultural de Verán do Concello de Zas, o pazo máis antigo de Galicia acolle varias actividades do máis interesantes. Por exemplo, co mes de xullo comeza unha nova Edición do Concurso de Fotografía co Móbil “Enfoques do Allo”.
Pero o gran aposta das Torres son as Visitas Teatralizadas. Todos os domingos dende o vindeiro 4 de xullo ata o 12 de setembro, ás 19:30 da tarde, volven Os Quinquilláns coas súas visitas teatralizadas, outro xeito de coñecer Torres do Allo e aos seus moradores máis ilustres, Francisca Riobóo Álvarez e Víctor López Seoane. Aforo limitado polo que é preciso inscrición previa: [email protected] ou no mesmo pazo no horario de apertura.
Lembramos que os horarios de visita de Torres do Allo son de 11:00 a 20:00 de luns a venres e de 11:00 a 21:00 durante as fins de semana na tempada estival. Pódese consultar toda a programación na web e nas redes sociais de Torres do Allo (@torresdoallo).