"Xa non tendes moita xente, pero agora coas obras da ponte menos”

Obras na Ponte de Baio
Dende a Asociación de Empresarios queremos que queda constancia dos problemas que están a producir as obras da Ponte. Si xa a pandemia non da tregua, agora na Comarca de Soneira temos un problema a maiores, as obras que sabemos cando empezan pero non cando rematan.

Mentres os rexedores de Vimianzo e Zas esperan resposta da Xunta, os empresarios da zona queren dar constancia dos problemas que están a producir as obras da Ponte. “Si xa a pandemia non da tregua, agora na Comarca de Soneira temos un problema a maiores, as obras que sabemos cando empezan pero non cando rematan”, explican dende a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira.

”Realmente este ano, en plena época estival era necesario poñerse a cortar o tráfico da vila? Foi empezar o verán e empezar cas obras?, pregúntanse. “Non dicimos que non sexan necesarias (despois de 10 anos de promesas, pero podíase ter escollido outras fechas”.

Pero é que ademais, “xa non bastaba coas obras, que nun mes que levan, xa hai retrasos. Nesta fecha deberíamos ter un carril acondicionado para o paso de vehículos, pero parece que aínda non vai ser para agora. Esperamos que a reunión que teñen o alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, sexa frutífera”.

Mentres tanto aseguran que todos os días escoitan dos seus clientes frases do tipo: “Xa non tendes moita xente, pero agora co tema da ponte menos”; “Xa que teño que coller a autovía, xa vou cara Carballo”; “Si chego a saber que teño que dar tanta volta, vou a outro sitio”; “ Uiii, perdón, pero coa volta que teño que dar, xa chamei a outro sitio para a cita”; “Vaia rollo ter que vir agora ata aquí”…

”A pandemia fixo e sigue facendo dano nos establecementos da zona, pero agora temos outra pandemia máis: as obras que sabemos cando empezan pero non cando rematan”.

Artigos relacionados

Historial das obras da ponte de Baio

  • 23-07-21: Vimianzo e Zas piden explicacións á Xunta polo retraso das obras de Baio.
  • 28-06-21: A ponte de Baio queda pechada ao tráfico ata o 17 de xullo.
  • Así son as obras da ponte de Baio.
  • Xuño 21: Comezaron as obras da ampliación da Ponte de Baio... 10 anos despois.
  • 2016: Denuncian a redución do proxecto de ampliación da ponte da Piroga
  • Xaneiro 2016: Realizan catas para ampliar a senda peonil da ponte de Baio
  • 2011: A Xunta licita a Ponte da Piroga.