Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As obras da Ponte de Baio provocan os primeiros cortes de tráfico a partir do luns

As obras da Ponte de Baio provocan os primeiros cortes de tráfico a partir do luns

10 anos despois do prometido deron comezo as obras da ponte de Baio, a ponte que separa os concellos de Vimianzo e Zas. Unhas obras que permitirán que nova sección transversal poida albergar dous carrís de 3 metros de ancho, beiravías de 0,25 ou beirarrúas de 2,10 metros de anchura.

As novas esixencias técnicas obrigarán a modificar a planificación de tráfico inicialmente deseñada durante a execución das obras obrigarán a modificar a planificación de tráfico inicialmente deseñada durante a execución das obras. Así, cómpre ir pola Autovía.

Así, o próximo luns comezará a primeira fase da nova planificación de obras e de afección ao tráfico, que abranguerá a demolición do contrapeso, a beirarrúa e a escavación para a reposición dos servizos afectados. Esta etapa, que se prolongará ata o 17 de xullo, precisará do tráfico completamente pechado e permitirá un paso habilitado para peóns.

Desde o 18 ata o 28 de xullo prevese o traballo de reposición dos servizos de telecomunicacións, deixando aberto o tráfico cun carril alternativo para vehículos, regulado con semáforos e un paso para peóns.

A segunda fase, do 29 de xullo ao 13 de agosto, centrarase nun dos estribos. A circulación estará aberta cun carril alternativo para vehículos regulado con semáforos e un paso para peóns.

A terceira etapa, do 17 ao 20 de agosto, contemplará a demolición de mampostería augas abaixo e precisará o tráfico completamente cortado e un paso para peóns.

A cuarta fase, do 23 de agosto ao 3 de setembro, incluirá a preparación do asento, a colocación de lousas e a execución de xuntas. Para isto, será necesario o peche do tráfico, cun paso para peóns.

Na última fase, entre o 6 e o 24 de setembro, os traballos porán o foco nos pavimentos, na sinalización, nos pretís e nos remates. O tráfico estará aberto, con dous carrís para vehículos, con cortes puntuais e un paso para peóns por unha ou outra marxe, en función das tarefas.

Novas relacionadas

Comentarios