A ponte de Baio queda pechada ao tráfico ata o 17 de xullo

23:31 28/06/21
Arrincaron este luns as obras da ponte que separa Baio da Piroga. A ponte sobre o río Castro, a que separa os Concellos de Zas e Vimianzo, queda pechada ao tráfico, obrigando á xente a usar a autovía.
As obras, que durarán ata o mes de outubro, obrigan ao peche da ponte ao tráfico (permítese o paso de peóns), polo menos ata o 17 de xullo. De aí a finais de mes deixarase un carril, pero a mediados agosto haberá que volver a pechar.