Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais

Tras analizar como cambia o servizo dos bancos en plena pandemia e falarmos de dixitalización municipal e teletraballo, continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba. Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…

Hoxe falamos de perímetros, tomando aquela reflexión dun autónom@ soneirán sobre os peches perimetrais no rural.

A ponte do rio Grande na Piroga separa Baio de Vimianzo
O río Grande, na Piroga, separa Baio de Vimianzo
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: A farsa da Galicia perimetrada por Concellos e os ríos como límites territoriais

Os ríos utilízanse como límites territoriais

Estaban aí, formaban parte da nosa vida, cruzábamolos dun lado para outro como quen cruza unha beirarrúa, e aínda sendo límite territorial non era a nosa percepción, ao non ter unha barreira física como poden ter en Tui co Miño con Portugal. Pero chegou a pandemia e a xente douse conta que os límites territoriais son para algo. É máis, incluso algún descubriu algo do que non se dera conta antes, que o río e a ponte que tiña ao lado da casa era un límite territorial. Todo isto, dentro das restricións que se plantexaron durante a pandemia creou certos problemas de convivencia.

Non sucede só co famoso río Miño na fronteira con Portugal, nunha zona que se coñece como a “raia”. Os ríos son uns dos principais recursos para ubicar os límites territoriais en países, comunidades autónomas ou municipios. E a Costa da Morte non é axena a esta situación.

Unha parte importante do límite territorial de Ponteceso con Cabana vena marcando o río Anllóns. Sucede o mesmo co río Xallas nos municipios de Santa Comba e Mazaricos. Igual que o límite de Mazaricos con Zas, sobre todo na zona de Brandomil. Pero son zonas onde o límite en aspectos comerciais e económicos ten pouca importancia. Neste caso temos que ir a unha das “raias” máis significativas da Costa da Morte, que non é outro que Baio. Esa zona a redor dun río que, moita xente, xa non é que so pense que é unha poboación conxunta, senón que ata algún pensa que é un municipio. Alí a un lado do río está Baio, que pertenece ao Concello de Zas, mentras noutro lado do río está a Piroga e Bamiro que pertence ao Concello de Vimianzo.

Esta situación nunha zona comercial e económica como a descrita formula diferencias que poden ser moi significativas en negocios ou empresas ubicada a so uns metros unhas doutras. O pago do IBI, do imposto de vehículos ou as taxas dunha licencia de obra son distintas dependo do lado do rio no que se ubique o negocio ou vivenda.

Por suposto que, aínda que as ubiquemos en Baio, a Panadería de Manolo, o Montreux o Eroski ou unha das feiras nunca estiveron en Baio, senón en Vimianzo, pero tivo que vir unha pandemia e unhas restriccións de mobilidade para darnos conta os problemas e as diferencias que nos pode supoñer ter que cruzar unha ponte dun río, aínda que só sexa para ir a panadería.

Coa normativa na man, a Galicia perimetrada por municiìos non é de todo certa

Despois das navidades, no mes de xaneiro, Feijoo compareciu ante os medios de comunicación en rolda de prensa para anunciar que estábamos no peor momento do Covid e que se ían a aplicar medidas moi restrictivas en toda Galicia. A máis destacada, xunto co peche da hostalería, ía ser a limitación de movementos entre os concellos, onde non se podería entrar nin saír. Foi nese momento, cando diferentes veciños de zonas como as que xa citamos noutras ocasións, como por exemplo, todo o entorno da zona da ponte de Baio (unha marxe pertence a Zas e outro a Vimianzo), ou zonas de limitación entre municipios moi peculiares, sobre todo entre Zas, Santa Comba e Mazaricos, ou Muros e Carnota, ou zonas de Camariñas e Vimianzo, volvían montar en cólera e a protestar por non ter en conta esas peculiaridades.

Pero, unha vez que nos puxemos en contacto con diferentes concellos, e xa pola experiencia que antiguos funcionarios teñen con moitas normativas que se aproban, nos afirmaban e reafirmaban, que iso, con total seguridade non ía ser así. Incrédulos nós, preguntabámoslle como é posible que poida suceder que a máxima autoridade dunha comunidade autónoma compareza en directo por televisión dicindo que vai haber un peche perimetral por municipios, e que desde os concellos se afirme sin ningún xénero de dúbidas que iso non vai a ser así. E diciannos que unha cousa é o xenérico dunha rolda de prensa, o conseguinte e breve “twuit” ou “post” nos medios dixitais, que é co que se queda a xente, e outra moi distinta era a norma detallada que se publicaría a posteriori. Era cando nos recordaban o que xa escribimos neste medio, ademais, coas propias informacións que nos aportaron das propias administracións municipais de aquelo de que, a maioría das normativas empezan por non, para seguir por si, e acabar por non ser nin si nin non, nin todo o contrario, e viceversa. Co cal, aseguraban, que a xente ía a poder facer o 90% de todas as actividades que viña facendo de forma habitual.

E efectivamente, os veteranos funcionarios da administración local que xa viron de todo, tiñan toda a razón, e ademais nolo confirmaban por medio de documentos oficiais. As excepcións as restricións de mobilidades eran tantas e tan variadas que ao final só se reducían a ir de compras, os bares e os espectáculos, e no caso destes últimos, xa non había motivo para a mobilidade porque xa estaban pechados. Para o resto do día a día da vida cotiá as restricións eran mínimas. Ata para as relacións (sexuais ou non) entre parellas de distintos municipios, que tanto revuelo crearon en diferentes medios informativos, e que deron lugar a tantas interpretacións por parte dos diferentes membros dos corpos e forzas de seguridade do estado, quedaban permitidas entre diferentes municipios.

Así, unha vez que se analizan os decretos polos que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 e as conseguintes prórrogas e modificacións, vanse vendo todas esas excepcións, que ademais, a propia entidade que aglutina os concellos, a FEGAMP-Federación de Municipios de Provincias, resume en forma de excepcións, e dicir, todos os motivos para poder cambiar de municipio sin problema, e son os seguintes:
Motivos sanitarios, coidado de persoas (menores, dependentes…), obrigas laborais, institucionais e legais, asistencia educativa, realización de exames ou probas, retorno ao fogar, xestións en entidades financeiras, seguros ou estacións de servizo limítrofes, requerimentos de organismos públicos, xudiciais ou notariais, adquisición de bens esenciais non existentes no concello, trámites inaprazables e ata coidado de hortas e animais, ou tránsito ou forza maior.

Polo tanto, a práctica totalidade das actividades “para vivir” da vida cotiá están permitidas e unicamente o que non se permite é ir de compras, porque actividades xa non hai ou son moi restritivas e a hostalería está pechada. Pero é máis, as parellas con domicilios diferentes, sin que a normativa especifique si son formais, con papeis, estables, ocasionales ou “novietes ou novietas”, como algún Policía Local afirmou a veciñanza e nalgún medio informativo, poden saltarse o confinamento horario establecido entre as 22 e as 6 horas, ao considerarse como convivintes.

Polo tanto, “os de Baio que realmente non son de Baio” e pertencen a Vimianzo, por estar na outra parte da ponte, e por insistir no exemplo dun dos casos máis significativos da Costa da Morte, os da Piroga poden cruzar a ponte para ir a Baio (Concello de Zas), para ir o banco, a farmacia, a gasolinera, a xestoría, a ITV, a coidar a leira e os animais, a facer trámites administrativos, ou a dormir co/a mozo/a. O típico e habitual necesario para o día a día.

Pero ollo, tamén se está vendo que non todas as forzas de seguridade interpretan o mesmo, e aínda dentro das propias forzas de seguridade depende do axente que nos toque, porque si unha cousa se está vendo é que desde o sector administrativo, dígase concellos, policías locais, que tamén dependen dos concellos, ou Garda Civil, non manexan a mesma información ou a interpretan de forma distinta sin un proceder unificado.

Pero tamén hai unha cousa moi clara, as multas póñense en base a unha normativa e en base a un artigo desa normativa, que ten que quedar claro, que se pode interpretar pero non inventar. E si a normativa establece como excepción de confinamento, “parellas con domicilios diferentes”, pois é eso, sin máis, “parellas con domicilios diferentes”. Non nos pode dicir o axente, que si é novia/o, novieta/e, ou que ten que estar formalizada con papeis, como está sucedendo. E si a normativa di que para locais de comida para levar “os clientes poden acceder o local durante o tempo necesario” (así literal), non poden dicirnos os axentes que non poden entrar para nada no local e que hai que poñer unha barreira na porta, ben sexa unha mesa-mostrador, ou doutra índole para que non entre ninguén.

Serie “Cousas”

Outras reportaxes sobre Leis

Comentarios