Mércores. 24.07.2019
El tiempo

“A xente que vén a Feirauto de toda Galicia vén a comprar”

“A xente que vén a Feirauto de toda Galicia vén a comprar”

Esta 43ª edición da Feirauto de Baio superou todas as espectativas dos 5 talleres que protagonizan esta feira a ceo aberto, unha das máis importantes en Galicia do vehículo de ocasión. 26 coches, a maioría seminovos de gama media-alta, foron vendidos e ademais quedaron abertas numerosas operacións de venda.

”A verdade é que facemos unha valoración moi boa da fin de semana. Quedamos cansados, pero moi contentos”, recoñece Manuel Montes, un dos responsables da Feirauto como responsable de Talleres Manuel Montes, que xunto a Automóviles Celmar; Talleres Graíño; Talleres J. Lema; Bayomóvil protagonizan esa unión que dura xa máis de 21 anos e que supón a verdadeira garantía de éxito.

”Non é que houbese aglomeracións, pero a xente viña interesada, a que veu viña disposta a comprar”, explica Montes. Os descontos de ata 2.000€ nos vehículos así o explican, unha cifra importante para unha media de transacción de 14.000€ por vehículo.

Os clientes e visitantes chegaron procedentes de toda a provincia (Coruña, Santiago, Boiro… e tamén Carballo, Cee, Santa Comba…) e mesmo de Lugo.

Aínda queda pendente saber quen gaña os 300€ de combustible, pois o sorteo será esta mesma tarde de luns. “Vendéronse todas as rifas, máis dun milleiro, para entrar no sorteo”.

Novas relacionadas

Comentarios