Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Zas acolle a estrea de "Lar", o documental da ONG Agareso sobre os nosos maiores do rural

  • Presentarase o sábado 21 de outubro ás 20 horas no Auditorio do Concello de Zas.
  • A entrada é libre ata completar aforo.
Documental Lar Aagareso cartel
Zas acolle a estrea de "Lar", o documental da ONG Agareso sobre os nosos maiores do rural

O documental LAR, da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) é unha homenaxe ao rural e ás familias que medraron nel. 

Un traballo audiovisual que se rodou en Zas e As Nogais (Os Ancares), que trata de visibilizar a necesaria relación da rapazada coas súas aldeas e os seus maiores. 

Financiado pola Consellería de Política Social, con conta a historia de tres adolescentes que medraron cos seus maiores en tres aldeas galegas. É unha homenaxe ao rural, aos maiores e tamén aos mozos e mozas que deciden pasar tempo con eles.

A gran estrea será no Auditorio do Concello de Zas o próximo 21 de outubro, sábado, ás 20.00h.
 

Comentarios