Martes. 23.07.2024
El tiempo

Zas acolle un obradoiro sobre os dereitos laborais das coidadoras

taller-dereito ao coidado-Zas
Zas acolle un obradoiro sobre os dereitos laborais das coidadoras

Interesante charla a que a Deputación artella no Centro Sociocultural de Zas o vindeiro xoves, 27 de abril, o obradoiro “Feminismos, traballo e vida. Dereito ao coidado, coidados con dereito” dirixido a todas as traballadoras do ámbito dos coidados.
O obxectivo deste taller, que se impartirá de 18:00 a 20:00 horas, é formarse sobre os dereitos laborais deste ámbito, poñendo énfase nas últimas novidades lexislativas, así como tamén fomentar a reflexión sobre os coidados, fundamentais para soster as vidas.

Os talleres enmárcanse na campaña “É por ser muller. Loitemos por unha igualdade real” que ten como finalidade sensibilizar, visibilizar e denunciar a vulneración dos dereitos da mulleres no ámbito laboral.

Inscricións

As persoas interesadas en asistir ao taller que se impartirá o 27 de abril no Centro Sociocultural de Zas deberán anotarse previamente no Centro de Información á Muller - CIM - do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 (extensión: 36).

Comentarios