xoves. 29.05.2025
El tiempo

Zas acolle este sábado un simposio con expertos internacionais sobre o aproveitamento socioeconómico do liño

Liño recollido
Zas acolle este sábado un simposio con expertos internacionais sobre o aproveitamento socioeconómico do liño

O Auditorio de Zas acolle este sábado o simposio “O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras; estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte” no que se reunirán expertos de primeiro nivel en diversas materias.

Este simposio, organizado polo Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade da Coruña, pretende afondar sobre esta industria textil tradicional tan presente no noso municipio e analizar as diferentes opcións e iniciativas emprendedoras encamiñadas cara súa revitalización dende o punto de vista sostible e innovador.

A xornada, que se celebra no Centro Sociocultural de Zas, comeza ás 11:00 horas coa presentación do simposio na que participarán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Ricardo Cao Abad, reitor da Universidade da Coruña; Manuel Muíño
Espasandín
, Alcalde do Concello de Zas; e Jorge Mira Pérez, membro do plenario do Consello da Cultura Galega.

A continuación, Carmen Cotelo Queijo, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) falará sobre “A Estratexia de Especialización Intelixente en Galicia: a xestión dos recursos naturais e culturais baseados na innovacion”.
O seguinte relatorio chegará da man de Francisco Javier Sardina López, catedrático de Química Orgánica da USC, no que disertará sobre “O liño: do pasado remoto a u futurologías brillante”.
Tras unha breve pausa para o café, sobre as 12:30 horas, Nuria Calvo Babío, catedrática da Facultade de Economí da UDC analizará “A importancia do emprendemento transformador no espazo rural galego”.

O simposio rematará cunha mesa redonda moderada por Manuel Muíño, alcalde de Zas, na que intervirán Carmen Riveiro, presidenta da Asociación Amigos do Liño; Manuel Escourido Calvo, coordinador do Grao en XesCón Industrial da Moda da UDC; e Braulio Pérez Astray, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña.

Este é un evento aberto a todas as persoas interesadas na materia e á veciñanza en xeral. A entrada é de balde.

Comentarios