Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas celebra o Mes do Patrimonio con xogos a través das redes sociais e obradoiros infantís

  • Stop Accidentes trae unha charla para maiores a Baio
COÑECENDO O PATRIMONIO DE ZAS
Zas celebra o Mes do Patrimonio con xogos a través das redes sociais e obradoiros infantís

Co gallo do Día Internacional do Patrimonio Mundial (celébrase o 16 de novembro) o Concello de Zas, a través da área de Patrimonio, vén de organizar un programa de actividades que se levarán a cabo durante todo o mes de novembro e que están dirixidas a toda a veciñanza.

As actividades comezaron xa o luns, día 1 de novembro, con xogos que se realizan a través das redes sociais do Concello de Zas e co que se poñerán a proba os coñecementos da nosa veciñanza ademáis de darlle valor ao noso patriminio. Para iso empregan diferentes tipos de xogos: imaxes encubertas, sopas de letras, relacionar lugares, cruzadas e frases a completar. Estade atentos que sairán estes días moitos máis xogos coma este:

Obradoiros infantís

O vindeiro sábado, 6 de novembro, Zas realizará o primeiro obradoiro do programa "Descubrindo o patrimonio de Zas" que puxemos en marcha con motivo da conmemoración do Día Internacional do Patrimonio.
”Que fai un edificio coma ti, nun sitio coma este?" é o título deste primeiro obradoiro dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que realizaremos durante o mes de novembro. O punto de encontro é ás 16:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e dende aquí percorreremos a vila para coñecer a súa arquitectura máis destacada. A sesión rematará cun obradoiro manual no que se poñerá en práctica todo o aprendido no paseo.
Esta é unha actividade gratuíta e para participar é necesario anotarse previamente en calquera dos nosos Centros Socioculturais (981 751 398 ou 981 718 056).

O 13 de novembro tocará falar de patrominio natural do noso muncipio a través da xornada “Quen vive nesta carballeira?”. A actividade viaxará ata a área recreativa de Pedra Vixía e alí estarán membros da Asociación Ambiental Senda Nova.
O seguinte sábado, día 20, fasrase o obradoiro “Ave Grandimiro! Os arqueólogos saúdanche” que consisten en viaxar ata Brandomil para coñecer os seus segredos arqueolóxicos e poñeremos en práctica o aprendido.
Esta actividade remata co obradoiro “Recorda o que eu recordo” que está aberta a todos os públicos e que se realizará o 27 de novembro ás 16:00 horas nas Torres do Allo.
Para asistir a calquera destes obradoiros é necesario anotarse antes no Centro Sociocutural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056).

Stop Accidentes

movete-seguro-zas

O vindeiro venres 5 de novembro, ás 11:00 horas, o Centro Sociocultural de Baio acolle o taller "Móvete seguro. Envellecer é signo de vida" impartido pola Asociación Stop Accidentes Galicia.
Esta é unha actividade dirixida principalmene a persoas maiores de 65 anos e para asistir é necesario anotarse previamente en calquera dos Centros Socioculturais.

Comentarios