venres. 19.12.2025
El tiempo

Zas celebrará a segunda edición do Mercado Artesán de Baio

 

CARTEL ZAS - O Concello de Zas celebrará a segunda edición do Mercado Artesán de Baio cunha ampla programación cultural
Zas celebrará a segunda edición do Mercado Artesán de Baio

O Concello de Zas organiza esta fin de semana, coa colaboración da Asociación de Comercios, Hostalaría e Servizos BAION, a segunda edición do Mercado Artesán de Baio, unha cita que se consolida no calendario festivo do municipio, apostando pola artesanía, a cultura e a dinamización social e económica da vila.

O mercado abrirá as súas portas o sábado 20 de decembro de 11:00 a 20:30 horas. Farao cun acto inaugural no que estará presente o alcalde, Manuel Muíño, e a presidenta da entidade colaboradora do evento, Berta Reymundez, da Asociación de Comercios, Hostalaría e Servizos BAION. 

Posteriormente, a xornada continuará con pinchos e unha demostración de tornería en vivo, a cargo de José M. Prado Nimo, coa posibilidade de participar sen necesidade de inscrición previa. Haberá tamén un taller infantil de costura, impartido por Ana Trasariz, que se desenvolverá a partir das 18:00 horas e para o que non será precisa inscrición previa, así como un monólogo de Celso Sanmartín, programado para as 19:30 horas.

O domingo 21 de decembro, o mercado continuará de 10:00 a 19:00 horas, coincidindo coa tradicional Feira de Baio. A programación inclúe unha sesión vermú con ‘O Tren da Unha’ ás 13:30 horas, o espectáculo de maxia ‘O mago Paco’ ás 17:00 horas e a visita especial de Papá Noel ás 18:00 horas, unha actividade especialmente pensada para o público infantil e familiar. Ademais, durante as dúas xornadas haberá pulpeira. 

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou que “o Mercado Artesán de Baio é unha aposta clara do Concello por crear espazos de encontro arredor da artesanía, da cultura e do lecer, ao tempo que se dinamiza a vida social e económica da vila nestas datas tan especiais”. Muíño subliñou tamén que “é importante poñer en valor este mercado organizado polo Concello que contamos que siga medrando edición tras edición”. 

Comentarios