Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Zas conmemora o Día do Patrimonio cunha visita guiada á Casa Consistorial

Cartel do Día do Patrimonio 2019 en Zas
Cartel do Día do Patrimonio 2019 en Zas
Zas conmemora o Día do Patrimonio cunha visita guiada á Casa Consistorial

O próximo sábado celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial co obxectivo de dar a coñecer e protexer o noso patrimonio natural e cultural. E para conmemoralo o Concello de Zas, a través do Departamento de Patrimonio, organiza unha visita guiada á Casa Consistorial que se realizará o vindeiro venres, 15 de novembro. Haberá dúas quendas, unha ás 12:00 horas e outra ás 16:00 horas, e están dirixidas á toda a veciñanza e aos centros de ensino. Os centros educativos que desexen participar deberán contactar previamente co Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) co fin de buscar unha data e un horario concreto en función das súas necesidades.

A Casa Consistorial do Concello de Zas, situada na Praza do Concello, é un edificio do século XX e cunha longa historia constructiva detrás. Éste é un dos moitos bens patrimoniais do municipio que xunto con capelas, igrexas, hórreos, pombais, mámoas, dólmens e castros, entre outros, forman o catálogo do patrimonio cultural do concello composto por máis de 300 bens. 

Comentarios