Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Zas crea un Punto Limpo coas axudas do GDR-Costa da Morte

Zas crea un Punto Limpo coas axudas do GDR-Costa da Morte
Punto LImpo en Zas cos fondos do GDR Costa da MOrte

Serven para moitas cousas as axudas do GDR-Costa da Morte. Pode solicitalas Empresas, novos emprendedores e tamén concellos, e o último en ver aprobado un proxecto presentado é o Concello de Zas, que ve como a asociación Costa da Morte GDR aprobou un novo proxecto do Programa Leader.

Trátase dun Punto Limpo para a Xestión de Residuos (Zas). O orzamento aceptado ascende a 52.089,86€, e o importe da axuda sitúase nos 18.231,45€, o que supón un 35,00% sobre o total.

O proxecto conta coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foi aprobado en firme pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR e agora remíteselle esta aprobación a AGADER para que emita a resolución e lle la envíe directamente ao promotor.

GDR-Costa da Morte

O GDR 3 abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación. Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios