Mércores. 23.09.2020
El tiempo

Zas e Santa Comba reducen concelleiros nas próximas eleccións municipais do 2015

Zas e Santa Comba reducen concelleiros nas próximas eleccións municipais do 2015
Fai anos que a pérdida de poboación é un problema que pasa case que desapercibido. A baixa natalidade dos últimos anos ten como consecuencia que nas vindeiras eleccións municipais algúns concellos reduzan o seu número de concelleiros. Un dos concellos da bisbarra máis afectados polo descenso poboacional é Santa Comba. Segundo o Padrón Municipal de Habitantes, publicado recentemente polo INE, o seu padrón baixa de 10.001 habitantes e isto provoca que o número de concelleiros pase a ser 13, en lugar de 17 como na actualidade. Concretamente, segundo o último rexistro en Santa Comba hai 9.719 censados. Zas será outro dos concellos que reduce o seu número de concelleiros para as eleccións de maio de 2015 debido a que baixa dos 5.000 habitantes. En concreto, os 4.902 zasenses elixirán a once concelleiros en lugar dos trece cos que conta actualmente.

comentarios