Martes. 23.04.2024
El tiempo

Zas edita unha Axenda Escolar Contra as Violencias para o curso 2019/2020

Axendas pola Igualdade
Zas edita unha Axenda Escolar Contra as Violencias para o curso 2019/2020

Ben educativas son as novas “Axendas Escolares Contra as Violencias” que xa teñen os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º do CPI de Zas e 5º e 6º do CEIP Labarta Pose de Baio. Editados polo Concello de Zas, os cadernos conteñen debuxos e frases como “Todxs podemos ser o que queiramos”, “Non sigas os esteriotipos” e “Violencia fora, igualdade dentro” realizadas polo propio alumnado no marco dun obradorio de catro sesións que realizaron no pasado mes de abril.

Esta iniciativa forma parte dun programa de concienciación e sensibilización posto en marcha polo Concello a través do cal se persegue combater a violencia de xénero e as desigualdades.

Moitas das actividades deste programa leváronse a cabo nos diferentes centros educativos do municipio ao longo de todo o curso escolar. Unha das máis chamativas e maior repercusión tivo entre a veciñanza foi a de encher de poemas sobre a igualdade os diferentes locais comerciais, establecementos hostaleiros e edificios públicos do municipio.

“Con este programa pretendemos implicar aos diferentes axentes sociais para entre todos formar unha sociedade igualitaria”, sinala Patricia Fariña, Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude do Concello de Zas.

Entrega Axendas CPI Zas
Entregando a axenda á cativada do CPI de Zas

Novas relacionadas

Comentarios