Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Os comercios e as escolas centran a campaña do #25N en Zas

Os comercios e as escolas centran a campaña do #25N en Zas
Escaparates de Baio tinguidos de negro durante a campaña do 25N de 2016 Escaparates de Baio tinguidos de negro durante a campaña do 25N de 2016

Zas participa por terceiro ano consecutivo na campaña “En Negro contra as violencias”. A Concellería de Igualdade - coordinará diferentes actividades implicando ao tecido empresarial, asociativo, educativo e deportivo do municipio e que terán como obxectivo fomentar a sensibilización contra as violencias machistas.

Unha das principais actividades da campaña será o concurso de escaparates que se realizará en colaboración dos diferentes establecementos comercias do municipio de Zas. Así, do 19 ao 25 de novembro os escaparates de máis dun centenar de locais comerciais e hostaleiros de todo o municipio tinguiranse de negro e difundirán distintas mensaxes para rexeitar esta lacra social. Os máis orixinais terán premio.

Ademais, o CIM de Zas organiza unha concentración aberta a toda a veciñanza que terá lugar na praza do Concello o 23 de novembro entre as 12:00 e as 12:30 horas.

Nas escolas

A poboación escolar é outro dos grupos cos que se traballará en materia de igualdade e de rexeitamento ás violencias. Así, ao longo destes días, realizaranse diferentes actividades nos tres centros educativos do Concello de Zas. A primeira das actividades será un taller de “Violencia de xénero e o novo contexto dixital” que se desenvolverá en cada un dos tres centros educativos o luns 26 de novembro. Xa o venres, 29 de novembro, o Auditorio de Baio acolle o espectáculo “Por unha peseta”. Éste é o primeiro traballo de Apatacón; unha compañía de nova creación formada pola vocalista Faia Díaz e a cantadora Vero Rilo. Ademais destas actividades, persoal do CIM de Zas impartirá nos próximos días unha charla sobre a violencia de xénero no IES de Baio e no mes de xaneiro realizarase o obradoiro “Escoita o meu son” – que se enmarca no programa “Quen dixo medo da Deputación da Coruña” - e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO do IES de Baio e do CPI de Zas. Ademais, ao longo destes días entregaranse camisetas, pegatinas, salvamanteis, e outro material nos comedores escolares e nos diferentes locais hostaleiros do municipio.

Novas relacionadas

“Novembro en negro na Galería Mulleres coa Nóbel da Paz Nadia Murab” — Que pasa na costa https://quepasanacosta.gal/no-momento-no-que-tomas-consciencia-de-que-estas-sendo-vitima-da-violencia-machista-a-saida-esta-en-solicitar-apoio/

Programas do 25N 2018

Novas do ano pasado

“A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas” — Que pasa na costa “#8demarzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza ca nunca” — Que pasa na costa “Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?” — Que pasa na costa

Comentarios