Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas educa con teatro e o humor en materia de violencia de xénero

contra-as-violencias-educacion-concello-zas
Zas educa con teatro e o humor en materia de violencia de xénero

Completísimo e interesantísimo o novo programa “Contra as Violencias, Educación” do Concello de Zas. Un programa que utiliza o teatro e o humor como ferramenta para tratar este asunto con todos os públicos. A Concellería de Igualdade pretende fomentar a sensibilización contra as violencias machistas entre os diferentes grupos de idade.

O programa consta das seguintes funcións, que se representarán, de balde e para as que é preciso reservar praza no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056):

  • “Mulleres que viven soas”, con Paula Carballeira. Sábado 13 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Concello
  • “Bravas”, de Isabel Risco. Sábado 20 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Baio
  • “Rosa caramelo”, de Talía Teatro. Dobre función de contactos infantil que será o 23 de novembro ás 12:00 horas no CPI de Zas e o 24 de novembro ás 12:30 horas no CEIP Labarta Pose
  • “Soñando inventei”, con María Faltri & Jorge Juncal. Este é un musical infantil que se representarás o 26 de novembro ás 10:00 horas no Auditorio de Zas para a comunidade do CPI da vila e ás 12:30 horas no Auditorio de Baio para o alumnado do CEIP Labarta Pose
  • “A compañeira de piso”, de Contraproducións. Venres 26 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio de Baio

Os Bolechas “Zas en Igualdade”

Os próximos días, o Concello de Zas repartirá nos centros educativos do municipio e nas bibliotecas municipiais o xogo educativo dos Bolechas “Zas en Igualdade”. Consiste nun taboleiro no que, a modo de Trivial, as persoas participantes poñeranse a proba sobre a igualdade de xénero e sobre o Concello de Zas.
Esta é unha actividade organizada polo Centro de Información á Muller - CIM - do Concello de Zas e que forma parte do Programa de Sensibilización, Información e Difusión sobre Igualdade e Prevención da Violencia contra as Mulleres impulsado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Outras novas do 25N

Comentarios