O “Zas polo miúdo” de Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema, tamén en exposición
12:23 26/03/21
Comezaron na rede, continuaron no papel, e agora lanzan unha exposición. Así vai o percorrido do proxecto Zas polo miúdo, desenvolto por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema co apoio do Concello. Este sábado terá lugar a inauguración da mostra que estará aberta nas Torres do Allo. Será un percorrido a través dunha escolma fotográfica, recollida en sete paneis, nos que se reflícte a riqueza patrimonial e cultural do concello.
Horario
A exposición poderá visitarse ata o 15 de setembro nos seguintes horarios:
- Semana Santa, dende o luns 29 de marzo ata o 4 de abril, de 11:00 a 20:00;
- Dende o 10 abril ata o 14 de xuño, sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00;
- Dende o15 de xuño ata o 15 de setembro, de luns a venres de 11:00 a 20:00 e sábados e domingos de 11:00 a 21:00.
A entrada é libre e de balde. É obrigatorio o uso de máscara. Aforo limitado.
Novas relacionadas
- Novembro 2020: Presentado o libro “Zas polo Miúdo”, un referente para a recuperación da memoria das parroquias.
- Decembro 2019: O Concello de Zas completa a súa historia con dúas novas entregas de “Zas polo miúdo”.
- A información sobre a parroquia de Baio incorpórase a "Zas polo miúdo”.
- Zas polo Miúdo percorre a historia da parroquia de O Allo
- A parroquia zasensse de O Allo sóbese á rede
- Daneiro, un topónimo único da parroquia de San Cremenzo
- A parroquia de Gándara, polo miúdo na rede.
- O concello de Zas sube á rede a parroquia de Carreira.
- Zas recupera polo miúdo a historia da parroquia de Mira
- Zas potencia a “Ruta dos pazos barrocos” coa contratación dun técnico en patrimonio.
- De ruta polos pazos de Zas
- Coñecendo polo miúdo a historia da parroquia de Zas.
- Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema recuperan os valores da parroquia de Zas pola rede.
- A parroquia de Brandomil protagoniza a nova entrega de “Zas polo miúdo”.
- Zas presenta as súas parroquias a través da rede