Zas presume de centenaria
14:14 19/05/17
María José Novo Varela celebrou o pasado mércores o seu 100 aniversario na compaña da súa familia. Imaxe: Rafa Quintáns
Dúas dictaduras, unha república, unha guerra civil e as dúas monarquías da democracia é o pasado político vivido por María Josefa Novo Varela, nacida en Zas o 11 de maio de 1917.
A nova centenaria de Zas - que vive no lugar de Ventoselo na parroquia de Mira - é unha muller galega por definición. Foi a segunda de sete irmáns e nai solteira nunha época na que tal condición era doada. Consolidou unha familia da que hoxe desfruta en compañía dos seus dous bisnetos, Óscar e Brais. Foi tratande de gando, xornaleira, cociñeira, agricultora e incluso se adicou á extracción de wolframio durante a II guerra mundial.
María Josefa Novo Varela naceu en Zas un 11 de maio de 1917. Imaxe: Rafa Quintáns
O pasado mércores, día 17 de maio, María Josefa festexou o seu aniversario en compañía da súa familia. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira Natalia Espasandín Pazos, visitaron a homenaxeada para agasallala cunha tarta.
O concello de Zas conta actualmente con catro centenarios. Ao igual que o resto dos municipios da Costa da Morte, Zas segue a tendencia da pérdida poboacional e o envellecemento da poboación.
Novas relacionadas
- 23/03/17: A Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos
- Febreiro 2017: A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos.
- O 70% da pobación da Costa da Morte concéntrase núcleos de entre 2000 e 5000 habitantes
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
- Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira
- 2014: Sangría poboacional: Só Cee e Carballo teñen números positivos na última década
- 2014: A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2014: A lingua galega sobrevive na Costa da Morte.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- 2011: A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Continúa a sangría poboacional en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])