Venres. 26.04.2024
El tiempo

HISTORIA

Zas repasa polo miúdos os tempos da 2ª República e da Guerra Civil

Imaxes da Guerra Civil en Zas
Zas repasa polo miúdos os tempos da 2ª República e da Guerra Civil
Zas repasa polo miúdos os tempos da 2ª República e da Guerra Civil

Despois de percorrer, unha a unha, todas as parroquias, e comezar a colleita de fotografía histórica a través da plataforma Phottic (arquivo que segue medrando ca participación veciñal), a iniciativa Zas polo Miúdo, recollida na web municipal, percorre agora o século XX a través da sabedoría de Xosé María Lema e Evaristo Domínguez Rial.

Desta volta repasan a historia oficial do municipio durante a 2ª república e a Guerra Civil, nunha viaxe polas actas que van dende o ano 1931 ata o 1939 coincidindo coa 2ª República e coa Guerra Civil. É a 3ª etapa da sección “Historia de Zas” que xa podedes ver na web municipal.

Dúas etapas marcaron a historia de Zas con diversos cambios políticos e sociais. Tal e como o reflicten as actas, foron tempos convulsos con momentos moi tensos. Destaca a acta do 4 de xullo de 1936 na que se recolle as intencións “organizadas y preparadas por elementos reaccionarios y fascistas en esta parroquia” por levar a cabo uns “criminales proyectos”. Non hai constancia de que o goberno municipal levase a cabo algunha medida contra estes conspiradores pero sí que consta na documentación oficial as sancións a tres funcionarios do municipio por desacato e por entorpecer o labor municipal.

Nas actas municipais destes anos tamén constan feitos como a autorización dunha liña eléctrica, no ano 1933, que sería unha das primeiras da bisbarra e que daría subministro a unha parte da veciñanza de Baio. A electrificación estendeuse tamén á vila de Zas mentras que nas restantes parroquias tiveron que esperar anos.

Os documentos tamén falan da estreita relación que mantivo o deputado republicano Emilio González López con determinadas personalidades de Baio. Froito destas relacións construíse no ano 1931 a estrada que comunica Baio con As Revoltas, en Canduas, sendo esta unha das primeiras obras públicas do Estado na comarca. “Yo quería hacer de Bayo el centro de un núcleo de carreteras que comunicaran todos los pueblos de esta comarca….” Recolle o deputado nas súas memorias.

Novas relacionadas

Comentarios