Venres. 29.03.2024
El tiempo

Zas tamén comeza a campaña de trampeo contra a velutina

Trampa de velutina no paseo de Baio
Trampa de velutina no paseo de Baio
Zas tamén comeza a campaña de trampeo contra a velutina

Comeza a primavera e tralo letargo invernal, as raíñas de avespas velutinas comezan a saír. Momento necesario para actuar. Concellos como Laracha, Carballo ou Cabana xa comezaron a instalar trampas, e así o fai o de Zas por cuarto ano consecutivo.

O Concello solicita colaboración veciñal (ademais da evidente implicación dos apicultores), e repartirá trampas e líquido atraínte entre aqueles veciños e veciñas que o soliciten no Centro Sociocultural de Zas ou a través do número de teléfono 981 751 398. As trampas deberán instalarse en lugares sensibles como poden ser zonas con froitais, camelias, rododendros,… e deberán informar cada quince días do número de vespas capturadas en cada unha das trampas.

Ademáis xa se comezou a instalación de trampas nas zonas dos centros educativos, paseos fluvais, parques infantís e outros lugares sensibles do municipio.

Novas relacionadas

Comentarios