As Zoquiñas Vermellas de Buño levan o feminismo aos centros de ensino
Feminismo é igualdade. Feminismo é loita contra o maltrato. E nesa liña educativa e concienciadora, a iniciativa Zoquiñas Vermellas, provomida pola área de Igualdalde do Concello de Malpica e a Asociación de Oleiros de Buño, percorre a comarca.
A primeira parada é no IES Maximino Romero de Lema, sempre atento a aproveitar os recursos do seu arredor para educar en vivo. Ata final de maio o alumnado poderá ver de primeira man esta mostra, símbolo de reivindicación dunha sociedade máis igualitaria.
Un proxecto que replica aquí, na Costa da Morte, a iniciativa dos Zapatos Vermellos da artista mexicana Elina Chauvet que naceu con 33 pares de calzado vermello, da cor do sangue en lembranza da súa irmá, vítima de maltrato, e de todas aquelas mulleres asasinadas e xa para sempre ausentes.
Tras expoñerse en México, Arxentina, Chile, Ecuador, Italia, Reino Unido... a idea de Chauvet chega adaptada a Galicia grazas á Asociación Oleira de Buño e a entidade Invisibles para continuar denunciando esta lacra social.
Así, o centro baiés chega coa idea de manter vivo o debate para conseguir unha sociedade na que o maltrato por ser muller non teña cabida. Por iso tamén contrinuirán coa venda de broches de zoquiñas vermellas cuxa recadación irá destinada a prestar axuda a vítimas da violencia de xénero.