As diferentes versións do apoio ás actividades culturais da Xunta e Deputación


Resulta curioso comparar as cifras das axudas da Xunta e Deputación aos festivais culturais organizados por asociacións sen fins de lucro en Galicia e na Costa da Morte. De primeiras xa vemos que a Consellería de Cultura e Educación destina un total de 50.000 euros para financiar esta programación cultural en 2016; mentres que a área de Cultura da Deputación da Coruña emprega 680.640,58 euros os festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas organizado por concellos e entidades sen ánimo de lucro.
Xa na bisbarra, a Xunta só apoia a Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros, con apenas 800€.
Pola outra banda, a Deputación colaborou cos concellos de Carballo para o Festival Carballo Interplay con 27.210,23 € emais co Asalto do Castelo de Vimianzo con 14.275, 70 €.
Ademais, as axudas do enten provincial á asociacións sen fins de lucro foron moi importantes. Castro Meda de Zas recibíu 27.000€ para a Festa da Carballeira; a Asociación Anchoa de Fisterra recibiu 3.700€ para a Festa Folk na Fin do Camiño; a Asociación Rebeldía de Carballo recibiu 9.500 para o Festival Sereas e Piratas; a Asociación Praia do Castelo de Muros recibiu 20.000€ para o Festival Castelo Rock; a Asociación Telón y Aparte recibiu 35.000 para o FIOT; e a Fundación Eduardo Pondal recibiu 68.000€ polo Festival V de Valarés.
800 contra 200.000€. Unha diferencia singular, que pode demostrar o diferente interese das dúas entidades para o mundo da cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).