![O cruceiro estaba situado no igrexario de san Martiño de Meanos. Imaxe: Braulio Follente]()
O cruceiro estaba situado no igrexario de san Martiño de Meanos. Imaxe: Braulio Follente
O pasado luns, apareceu esnaquizado o cruceiro situado situado no igrexario de s
an Martiño de Meanos, en Zas. As causas sobre o seu derrubamento descoñécense, ainda que os veciños indican que o máis problabe é que fose o temporal o autor da desfeita.
Onte, dous días despois do derrubamento, os anacos do cruceiro seguían no mesmo sitio xa que as dúbidas sobre a titularidade do monumento impiden a actuación a quen lle corresponda. "En caso de que sexa de propiedade veciñal, o concello encargaráse de sustituilo", aseguran dende o concello de Zas.
![Estado orixinal do cruceiro de san Martiño de Meanos]()
Estado orixinal do cruceiro de san Martiño de Meanos. Imaxe: Turgalicia
"Salvo a cruz, é díficil que se poida recuperar algunha peza do cruceiro", indican membros do goberno de Zas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)