Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias
Impresionante co comezo de tempada dos equipos do balonmán costeiro. O Calvo Xiria suma dous de dous na 2ª División Estatal tras xogar un excelente partido e aproveitarse dun frouxo Magope Seis do Nadal.
Memso balance para o cadro do Balonmán Camariñas na 1ª Autonómica, cunha vitoria moito máis apretada na pista de todo un Teucro, por un apretado 31-32.
En categoría feminina, tocáballe descansar ao Goldie Xiria.
1ª Estatal, xornada 2
- Resultado: Calvo Xiria - Magope (26 - 16)
- CALVO XIRIA 26 (14 + 12): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema (4), Carlos Vilanova (3), Martín Alfeirán (3), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Pablo Iglesias (6), Sergio Facal (3), Julián López (1), Mario García, Uxío Batán, Gonzalo Pombo.
- Marcador cada 5 minutos: 1-1, 3-2, 8-3, 9-4, 11-6, 14-8, descanso, 15-9, 17-11, 18-13, 21-13, 23-15, 26-16.
Saltou ao parqué do Vila de Noia o Calvo Xiria cunha actitude de traballo, entrega e desexo de vencer que deu un gran resultado. Enfronte un equipo, o Seis de Nadal Coia, que tirou de todo o seu bo facer, pero foi insuficiente ante a defensa carballesa. Continuas axudas e unha loita denodada por cada balón fixeron moi difíciles as situacións de lanzamento dos vigueses, e cando así foi apareceu a figura de Iago baixo paus para evitar que os balóns acabasen en gol. Dende o asubío inicial foi un partido de preponderancia de defensas e porteiros, tanto foi así que nos cinco minutos iniciais de cada tempo tanto o Xiria coma o Magope non foron quen de subir máis dun gol a cadanseu marcador. Mais o Calvo Xiria foi capaz de aumentar o ritmo de partido até o punto no que mellor se move, con velocidade de circulación de balón e, a pesares dos erros de lanzamento, con moita determinación na finalización. Dende logo, moito tivo que ver o empuxe dende a grada dos seareiros carballeses que vibraron co xogo dos seus.
Agora a máxima preocupación carballesa é ver coma evoluciona o xeonllo de Jorge, que se tivo que retirar no primeiro tempo e non puido retornar ao partido, e o nocello de Brais. Pezas moi importantes para os vindeiros encontros, comezando polo Bm Lalín a vindeira xornada.
Novas relacionadas
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.