mércores. 07.05.2025
El tiempo

Basket: A un partido da Fase de Ascenso á Liga EBA

Basket: A un partido da Fase de Ascenso á Liga EBA
Carballo Basket Xiria lider da 1 Autonomica O Carballo Basket Xiria está a un partido da Final Four polo ascenso á Liga EBA O vindeiro sábado en A Estrada ten o Calvo Xiria unha final. Se gaña xogará a Fase de Ascenso, a Final Four, á Liga EBA. Os carballeses recuperaban o alento tras dúas derrotas consecutivas e manteñen as súas opcións de facer historia.  

Familia Xiria

1ª División Masculina, 2ª Fase, xornada 11

  • Resultado: Bosco Salesianos - Calvo Xiria (48-57)
  • Calvo Xiria: Anxo 7, Javi 8, Héctor, Jorge 1, Peli 14, Manu 13, Roi, Tato 14, Moreira 2.
Tras dúas derrotas seguidas, chegaba o Calvo a Ourense con varias baixas importantes para enfrontrarse a un todo ou nada. Pero o equipo respondeu, e saiu decidido dende o comezo, con Tato ao comezo mandando dentro e fóra da pintura. O segundo tempo foi malo para todos, e só Anxo e Peli manteñen as diferenzas. No comezo da segunda, o Salesianos dalle a volta ao marcador, deixando unha diferenza de 10 para o último cuarto. Aí apareceu o mellor Xiria, con intensidade en defensa e rápidas saídas, que permiten darlle a volta ao marcador cun parcial impresionante de 5-22 no ultimo cuarto. Queda o Xiria na 5ª praza con 6 vitorias e 5 derrotas, os mesmos números que Cenor-Obradoiro e Construcciones Castro, e a unha vitoria do Leyma. Pero o choque entre Leyma e Castro da última xornada permite aos carballeses depender de si mesmos, de xeito que se vencen ao Mimela EDM na Estrada o vindeiro sábado 8 ás 18:00h, xogarán a Final Four polo ascenso á EBA.

Estrea do Basket Aspaber

ASPABER-BASKET-XIRIA-1-Large-1-678x381 Preciosa a iniciativa carballesa de abrir este equipo gracias á colaboración que a Escola Basket Xiria e Aspaber manteñen dende fai 5 tempadas. O equipo estreábase o pasado día 31 contra o equipo A nosa Señora de Chamorro de Narón. As caras dos 20 xogadores eran a demostración da importancia destas inciativas de inclusión a través do deporte.  

Familia ACB

Sénior Masculino

  • Resultado: LOS ANGELES GAS OLEIROS – C.E. CUME COSTA DA MORTE (78-61)
  • CUME Costa da Morte: Manu (11, 2T); Christian V. (3, 1T); Deril (24, 4T); Sergio (6, 2T); Cristian M. (10) – cinco inicial – Alfredo; Luci (7, 1T)
Bo partido do equipo costeiro, sobretodo se a acerto nos referimos, anotando 10 tiros máis aló da liña de 6,75, tope da tempada. Se ben, foron 11 as triplas encaixadas. Comezou o período co que se ía ver en grande parte do partido, os costeiros, case sen rotación saíron defendendo en zona, o que propiciaba que os oleirenses tirasen tiros abertos, medianamente cómodos, dada a grande velocidade coa que movían o balón. Os visitantes, pola súa parte, atacaban con bastante criterio, movendo o balón, facendoo chegar á zona, e xogando a partir de ahí, conseguindo tamén tiros abertos xa fosen a 6,75 ou no poste alto, faceta que nesta primeira metade explotou ben Cristian, que ante a forza física do seu par, sacouno ao poste alto, onda xa non tiña tanta vantaxe (20-17) No segundo cuarto, a tónica estaba a ser a mesma, con tiros abertos de Manu e Deril, saindo Cristian da zona deixándoa para Sergio que tiña superioridad eco seu par, engadindo a isto que tanto Luci como Christian V. fan un esforzó extra para chegar a todas as esquinas na primeira fila desta zona, mais a falta de 5 minutos, pouca cabeza e serenidade, fai que se tomen malas decisión, o que propicia que o equipo local aumente a súa renta (24-14). Á volta do descanso, e coa consigna de esquecer o marcador, e defensa individual para frear os tiros abertos do CB Oleiros, chegan dúas triplas de Deril moi entoado (encadeando tres partidos seguidos con 4 triplas). Os locais comezan a aproveitar a vantaxe interior, co que os costeiros fan 6 faltas neste período dun total de 15. (13-12) No derradeiro período, volveu o xogo de ambos conxuntos amosados na primeira metade, cun gran acerto por parte de ambos conxuntos (21-18) nun partido no que hai que destacar o esforzo de Alfredo, que xogou mancado.

2ª División Infantil Masculino, xornada 10

  • Resultado: MARISTAS – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE VERDE (52-62).
Partido no que os de Vimianzo comezaron por detrás no marcador, para remontar e chegar o descanso cunha ventaxa de 6 puntos. Tralo descanso, os rapaces de Maristas recortaron a diferenza, deixandoa en tan só 4 puntos o inicio do último cuarto, con todo por decidir. No último cuarto, os rapaces de Vimianzo foron a polo partido, marcando pouco a pouco distancias cos coruñeses e conseguindo unha nova victoria nesta segunda fase, na que, de momento, están invictos, contando os seus partidos por victorias. Na próxima fin de semana comeza a segunda volta, co derbi dos dous equipos que o ACB Costa da Morte ten en infantil masculino.  

Familia Artai

Liga galega Infantil, xornada 9

  • Resultado: EDO BRANCO AMOR - CB ARTAI (77-26).
  • Parciais: 30-9; 58-18; 77-26
  • CB ARTAI ( 9 9 8): Daniel, Damián (2), Miguel (7), Borja Ríos (13), Manu, Álvaro, Borja Rei, Antón (4), José, Jano e Javi.
Dani e Javi infantis doi Artai Dani e Javi, dous infantís do Artai Vitoria clara dos ourensáns, sentenciando o partido no primeiro cuarto (30 a 9). Pese á ampla rotación dos carballeses que viaxaron co persoal ao completo, salvo pola ausencia do adestrador Javier Cotelo, coa selección galega mini en Miranda do Ebro. Quédanlles tres xornadas aos carballeses para conseguir o seu primeiro triunfo. Retomarán a competición o vindeiro sábado 22 de abril recibindo ao CB Allariz.

Liga Provincial Cadete feminina, Fase de Ascenso, xornada 5

  • Resultado: CB Artai - Maristas Coruña (53-48).
  • Parciais: 14-6; 29-23; 41-34; 53-48
  • CB Artai (14 15 12 12): Nuria Pose (15), Emma (19), Sabela (9), Sarita (4), Cayetana (2), Alejandra, Iria (0), Uxía e Lucía (4).
Cadetes do Artai con Joaquin Moreira Cadetes do Artai con Joaquin Moreira Nova vitoria para as locais, invictas na fase, e novamente con sufrimento. Mesma diferenza que no partido de ida, cinco puntos, que deixan calara a igualdade do partido. Saíron máis despexadas as carballesas no primeiro cuarto, con algún que outro erro no pase longo, pero moi entonadas en ataque, sobre todo Nuria, autora de oito puntos e Emma, doutros catro. Pero as primeiras rotaciones de ambos equipos igualaron o marcador que parecía claro para as azuis nos primeiros minutos. Con seis arriba se fuero ambos equipos ao vestuario (29 a 23). A máxima igualdade chegou no terceiro cuarto; as xogadoras de Andrea apertaron dos lindo en defensa e as canastras se sucedías a contagotas. Arrincaron máis entonadas as carballesas no último parcial pero cando parecía o partido sentenciado (50 a 36 e menos de catro minutos de xogo), un parcial de 0 a 6 provocaba que as locais pedisen un tempo morto para volver controlar a situación e levarse unha nova vitoria, a quinta desta fase que lles permite ter todas as opcións de pasar á seguinte fase. Con esta nova vitoria, as carballesas mantéñense como líderes deste disputado grupo.

Liga Provincial Cadete Masculina, xornada 19

  • Resultado: Escola Basket Xiria - C.B. Arteixo (64-43).
  • EBXiria: Yago, Freire, Damián (3), Iago (31), Borja (15), J. Pérez (11), Manu Abelenda (4).
  • C.B. Arteixo: Ponte, Igrexas (13), Quintáns, Souto, Vidal, Quintáns, E.G. (7), Santos (5), Regueira, Barral (2), Abelenda (16).
Bonito partido o desta semana non pavillón Vila de Noia de Carballo, non que os carballeses volvían a senda dá vitoria despois dun traballado partido. Comezou o partido con falta de ritmo en ambos equipos no que as diferencias nos primeiros minutos non foron máis alá dos 4-6 puntos,  e as defensas locales eran nulas e sen actividade ningunha, como a maioría das primeiras partes de todos os partidos. A partir do descanso  cambiou a actitude dos rapaces, puxéronse as pilas apretando nas líneas de pase e aguantando o 1x1 defensivo, cun parcial 8-0 inicial , chegaban as  ventaxas que superaban os 20 puntos.  Pero os de Arteixo en ningún momento se viñeron abaixo e así foi que gañaron o último cuarto (12-16), un moi bo partido realizado polos rapaces de Fran Lozano. banner-dimolk-marzo17  

Máis información

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios