![De esquerda á dereita, Juan Villamisar, García Liñares, Evencio Ferrero, Tino Fernández, María Vila e Manuel Fdez.]()
De esquerda á dereita, Juan Villamisar, García Liñares, Evencio Ferrero, Tino Fernández, María Vila e Manuel Fdez.
Completa a expectación xerada na presentación do
I Congreso de Fútbol Concello de Carballo. O Forum Carballo acolleu a primeira pedra deste Congreso, que convertirá a capital bergantiñá, no centro do fútbol nacional. E precisamente o obxectivo do comité organizador, QPC e Fútbol Táctico, da man do Concello de Carballo, é o de atraer coñecementos do primeiro nivel futbolístico á nosa bisbarra.
Numerosos medios de prensa e medio centenar de persoas achegáronse ao Forum para escoitar as verbas dos asistentes, se ben
a presencia do Padriño, Tino Fernández, convertiu o acto en referencia provincial.
Abríu o acto
Manuel Varela, como membro de QPC, que fixo unha oda ao fútbol, indicando que é “o que nos une aos que estabamos neste acto” e recordando o fútbol de antes: “a vida pode resumirse nun balón rodando por un pasto”. Varela realizou numerosos agradecementos, nomeadamente ao Concello de Carballo pola súa aposta polo deporte, a Tino Fernández, padriño do evento, por sacar un oco na súa axenda, e a Ramón Piña na súa colaboración, entre outros. Varela destacou a aposta de QPC por
“poñer en Carballo unha serie de coñecementos do deporte e da vida”, e repasou a cantidade de peñas deportivistas que hai nesta comarca de cor branquiazul.
María Vila, de Fútbol Táctico, que gracias aos seus contactos e aos de Juanjo Vila, trae xente tan importante,
repasou o plantel de conferenciantes de primeiro nivel que traerán todas as disciplinas que poden interesar a un adestrador.
O presidente do Comité Galego de Adestradores, Manuel Fernández, recoñeceu que os que teñen que dar as gracias son os membros da nova Xunta Directiva do Comité, porque o seu obxectivo é “formar e actualizar aos adestradores, e este é un perfecto exercicio”.
”Deporte e formación”
Falou tamén
o Deputado provincial, resposnsable da Área de Deportes, Jose García Liñares que comezou felicitando ao presidente do Depor pola permanencia do Dépor, e recoñeceu que o Concello de Carballo esta moi vivo, porque xa estivo hai uns días, está hoxe e volverá en breve. Valorou o Congreso porque “deporte e formación, son dous alicerces da sociedade”. Unhas verbas suscritas polo
Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Villamisar.
A Costa da Morte branquiazul
![O Comite organizado do Congreso de Futbl Concello de Carballo co padrino Tino Fernandez]()
O comité organizador, María Vila, Alberto Pose, Ubaldo Cerqueiro e Manuel Varela, co Padriño do evento, Tino Fernández
E falou o Padriño do evento, Tino Fernández. ”
É unha alegría ser Padriño deste evento, representando ao Deportivo, por apostar pola formación, porque queremos el fútbol, nos gusta Galicia, e polo vínculo do Deportivo con Carballo, con Bergantiños e coa Costa da Morte, que é un pulmón importante que nos obriga a devolver ese cariño que recibimos dende hai moitos anos e que nos fai compartir os sufrimentos e as alegrías”.
Tino felicitou á organización polo alto nivel do plantel, “o ímpetu e a ilusión” e sinalou que o importante é chegar a consolidar eventos como estes que se convirtan en referencias, que ademais traen beneficio social e económico en Carballo. Xa estiven ollando a páxina e xa vin que hai moitos lugares para vir e tomar un chuletón e unha boa Estrella Galicia”. De feito, Tino quedou ao remate da presentación a probar os pinchos carballeses en A de Pako. O presidente do Deportivo rematou dando aos patrocinadores, e ás gracias ás institicións, e de xeito singular ao Concello de Carballo, por apostar polo deporte.
Pechou o evento
o alcalde carballés, Evencio Ferrero, que agradeceu a QPC e Futbol Táctico por organizar un evento coma este. “O que fai o Concello é o máis fácil, colaborar economicamete, o difícil e conseguir persoas que utilicen eses cartos de xeito positivo”. Ferrero ligou as palabras “Carballo é Deporte”, fixo un recoñecemento a todas entidades deportivas carballesas, e brindou os
“fondos parabéns ao club branquiazul pola permanencia, ese club que tanto nos fai chorar e sorrir aos carballeses. Orgullo branquiazul, orgullo de ser galego”, rematou.
Máis información e inscricións
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).