xoves. 01.05.2025
El tiempo

Carnota adícalle unhas xornadas ao voluntariado arqueolóxico

Carnota adícalle unhas xornadas ao voluntariado arqueolóxico
xornadas voluntariado carnota O próximo sábado, 19 de decembro, terán lugar ca casa do concello de Carnota as xornadas de Voluntariado 2015, que xirarán arredor do Museo Aberto de Carnota,un proxecto de dinamización do rural a través da posta en valor do patrimonio arqueolóxico, histórico e etnográfico do municipio. Pola mañá, presentaranse os resultados da intervención realizada en 2013 no Castro de Mallou e formularanse propostas e estratexias de actuación en futuras campañas de voluntariado. Xa pola tarde, realizarase unha visita guiada ao Castro de Mallou. Dende o concello carnotán indican que a acción do voluntariado é fundamental para darlle continuidade a proxectos como estes. Sinala que o traballo voluntario fixo posible a visibilidade da Torre dos Mouros e do Castro de Mallou; dous conxuntos  arqueolóxicos que forman parte do Museo Aberto de Carnota. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Carnota

Comentarios