Venres. 26.04.2024
El tiempo

20 desempregados de Carnota e Muros fórmanse no Obradoiro Sete Fontes

20 desempregados de Carnota e Muros fórmanse no Obradoiro Sete Fontes
Inauguracion do Obradoiro Sete Fontes en Carnota Inauguracion do Obradoiro Sete Fontes en Carnota

Moita relevancia está a darlle a Xunta de Galicia a estes proxectos de formación teórico -práctica na que os alumn@s son tamén traballadores cobrando un pequeno soldo. Por Bergantiños e a Terra do Xallas teñen varios Obradoiros de Emprego en marcha, semellantes ao que comezaban este pasado mércores 31 de outubro en Carnota.

O obradoiro de emprego dual “Sete Fontes”, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, que aprobou a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten xa a 20 persoas desempregadas en proceso de formación. O programa terá unha duración de 9 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

As especialidades son Atención socio- sanitaria a persoas no seu domicilio e Interpretación e educación ambiental, dúas profesións moi demandadas na zona.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-grado-de-integracion-laboral-nos-primeiros-meses-tralos-obradoiros-de-emprego-ronda-o-60/ https://quepasanacosta.gal/muros-e-carnota-ponen-en-marcha-o-obradoiro-de-emprego-dual-sete-fontes/

Comentarios