Imprimir

43 obras baten marcas de participación na IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

que pasa na costa | 26 de febreiro de 2019

43 obras baten marcas de participación na IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

O 23 de marzo arrincará a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”. Pero antes toca un paso importante. O xurado, formando entre o Concello e o grupo Badius, deberá seleccionar os cinco espectáculos que se representarán os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril distribuídas entre o auditorio de Baio e o de Zas. E terá que facelo entre, nada máis que as 43 obras que se presentaron da man 35 compañías ou grupos de teatro afeccionado de distintos puntos de toda a xeografía galega, un cifra que bate con amplitude a mellor marca de participación de todas as edicións.

Entre as obras da IV Mostra de Teatro Afeccionado hai propostas de 35 compañías diferentes chegadas dende Corcubión, Santa Comba, Noia, Muros, Arteixo, Santiago de Compostela, A Coruña, Fene, Ortigueira, Lugo, O Barco de Valdeorras, Ourense, Vigo, Pontevedra, entre outros puntos da xeografía galega. A temática predominante é a comedia ainda que tamén se presentaron outros xéneros como o drama, musicais ou a intriga.

Entre as novidades desta cuarta edición, está a cuantía dos premios - que ascende a 3.500 euros – e a súa distribución. Así haberá cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público.

A entrega de premios terá lugar o 9 de xuño coincidindo coa clausura da nutrida Escola de Teatro Afeccionado coa que conta o Concello de Zas.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/43-obras-baten-marcas-participacion-iv-mostra-teatro-afeccionado-labarta-pose/20190226073503107071.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA