Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Boa presencia costeira nos finalistas dos Premios María Casares

Talia Teatro vai con 3 nominacions aos Maria Casares
Talia Teatro vai con 3 nominacións aos Maria Casares
Boa presencia costeira nos finalistas dos Premios María Casares

Xa temos finalistas dos XXIII Premios de Teatro María Casares. E varios membros da vida cultural costeira terán que estar na gala que este ano se celebrará o vindeiro 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Una gala que terá como grandes protagonistas os espectáculos 'Commedia', de Contraproducións, con 12 finalistas; 'Divinas Palabras Revolution', do Centro Dramático Galego, con 7, e 'A leituga', de Emedous, con 5.

Pero tamén optará aos novos trofeos deseñado por Paula Pereira, despois da decisión da AAAG de non continuar coas míticas xerras de Sargadelos ante a deriva da empesa, a familia costeira de Talía Teatro, (que estrea esta fin de semana en Cee unha nova obra, por certo) pois a súa obra “O servidor de dous amos”. A compañía, que o ano pasado foi a encargada da posta en escena da gala, conta con tres nominacións aos galardóns de maquillaxe, vestiario e actriz secundaria.

A ceense Martina Cambeiro opta á Mellor Maquillaxe e ao Mellor Vestiario pola obra costeira. Ademais, a fisterrá Marta Lado estará entre as finalistas á Mellor Actriz Secundaria, competindo con María Bañobre e Mónica García.

Non quedan aí as nominación costeiras. A poeta ceense María Lado pega un salto ao mundo teatral, optando ao Mellor Texto Orixinal nun traballo feito con Iria Pinheiro, por Anatomía dunha serea, da compañía da propia artista ourensá.

E para pechar a sección de nominados da Costa da Morte, o cormelá Víctor Mosqueira opta ao Mellor Actor Principal por Commedia de Contraproducións, que compite polo premio de Mellor Espectáculo con A Leituga de Eme2 e con Divinas Palabras Revolution do Centro Dramático Galego.

Teñen todas as nominacións na web da organizadora Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

FOTO familia finalistas Maria Casares 2019

Novas relacionadas

Os #MaríaCasares

Comentarios