Venres. 29.03.2024
El tiempo

O 80% dos rapaces de 9-11 anos pasan máis de 3 horas co teléfono e o Fornite nas fins de semana

tablet_nenos_educacion_slide
O 80% dos rapaces de 9-11 anos pasan máis de 3 horas co teléfono e o Fornite nas fins de semana

Cada vez é máis habitual ver unha familia nun restaurante tirar de teléfono ou tablet para ter ocupados aos fillos. Unha práctica, que se se convirte en habitual pode ser moi perigosa para as crianzas. Máis perigoso é utililizado como recurso diariamente, sobre todo nas casas, facendo que as pantallas substitúan aos xogos de toda a vida.

O ano pasado o estudo de Vieiro xa non deixaba lufgar a dúbidas. Este ano, a entidade bergantiñá volveu facer un estudo semellante para coñecer os hábitos dos nenos/as na rede a través do programa de prevención: Desenrédate. No proxecto participaron unha mostra de aproximadamente de 600 alumnos/as pertencentes ao Municipio de Carballo e con idades comprendidas entre os 9 e 11 anos.

O obxectivo é saber canto tempo pasan os rapaces e rapazas diante das pantallas, usando o móbil, os videojuegos, Apps, Internet e redes sociais. Unha realidade, a das pantallas, que ten unha marea de vantaxes e posibilidades, pero que tamén ten moitisimos riscos e de aí que programas como o de Vieiro traballen na prevención e na achega de información ás familias.

As cifras, como vemos na táboa, son verdadeiramente alarmantes, pois a meirande parte da rapazada pasa máis do tempo recomendado (unha ou dúas horas como máximo) de “pantalleo”.

Horas de xogo en pantallas nenos 9-11 anos-Vieiro

Concretamente, o 66% pasan máis de 3 horas diante dunha pantalla de luns a xoves, convertíndose nun 79% as fins de semana.

Máis graves son algúns datos concretos, como que durante as fins de semana hai un 12% que pasa máis de 14 horas diante dunha pantalla; un 10% entre 9 e 11 horas e un 15% entre 6 e 8 horas.

Co teléfono e o Fornite

O smartphone segue sendo o dispositivo máis utilizado, aínda que se traten de menores de entre 9 e 11 anos. Desde el acceden a Internet, xogos e redes sociais. Entre estas últimas as máis utilizadas por orde son: WhatsApp, Instagram, Youtube, Tik Tok (antigo Musical.ly) e Snaptchat.

Os seguintes aparellos máis utilizados son a tablet e as videoconsolas. Estes últimos son utilizados normalmente para xogar a diferentes tipos de xogo, entre os que destacan no primeiro posto de preferencia Fontnite (xogo de supervivencia “todos contra todos”). Este videoxogo multiplataforma (que se pode xogar en diferentes dispositivos) converteuse nun xogo de masas que non entende de idade nin de sexo, son numerosos os/as menores que dedican horas e horas a este xogo e a todo o relacionado con el, como vídeos en youtube, trucos, grabaciones de partidas, etc. É un xogo moi adictivo no que tamén se pode comprar melloras para o personaxe, é por iso que moitos destes nenos e nenas piden como regalo tarxetas con diñeiro para utilizar en Fornite. Aínda que é un xogo para maiores de 12 anos, estanse detectando numerosas problemáticas relacionadas co abuso e a adicción a este xogo que relegou a un segundo plano a outros videojuegos non recomendados como o GTA ou o Call of Duty, coñecidos polo seu contido violento. A maioría afirma xogar online con amigos/as e descoñecidos/as, seguido dos que xogan sos/as ou en familia.

Estudos de Vieiro

Comentarios