Martes. 16.04.2024
El tiempo

#8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo

Manifestacion polo 8M en Vimianzo coas Curandeiras 2
Manifestacion polo 8M en Vimianzo coas Curandeiras
#8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo

Despois da accións en Carnota, a primeira artellada polo colectivo Galegas8M da Costa da Morte, a segunda parada era Vimianzo. Sábado 7 de marzo, ás 20:30h, e as 4 organizacións da comarca unían forzas na capital soneirá.

E preto de 200 persoas devolveron a súa entrega e o seu grandísimo esforzo, facendo dende dentro unha valoración tremendamente positiva de cada unha das accións. “Brotou a semente botada en novembro naquela Tertulia Violeta na radiONeria con QPC, e estamos moi contentas, pois unidas somos máis fortes para seguir botando guerra ao patriarcado”, recoñece Marta, unha das Curandeiras.

xunto . 

 

O lema “Sen coidados non hai vida. Mudando o sistema, derrubando o patriarcado” era o centro das consignas, acompañados por pancartas como “Voto para a muller”, “Vivas e libres” ou “Unidas na loita feminista”.

Precisamente son da batucada das Curandeiras e as súas combativas coplas foron as grandes protagonistas, dando conta da potencia destas mulleres.

A concentración abriuse ao son das Curandeiras pola rúa ata a praza do Concello, nuns actos nos que participaron moitas mulleres da vila e da comarca da Terra de Soneira, pero tamén de Laxe coa poeta Lola Rontano, as compañeiras de Vimianzo, a xerocultora da Residencia de 3ª idade Otilia, e a mestra Nuria, que procederon á lectura do Manifesto. Houbo tamén unha pequena representación en clave histórica facendo de novas sufraxistas simulando ser Rosalía de Castro ou Concepción Arenal. Tamén estivo a cantante de Luar na Lubre, Irma Macías e Xaquín cantando "Chea de vida" e "No bico un cantar"... e as Pandeireteiras de Vimianzo cantaron a canción de Carmela.

A noite pechouse a rito da cantiga "Ghoberno a miña vida" da man das pandereteiras de Vimianzo.

”Un día moi enriquecedora, moi sororo”, explicou Marta, que asegura que os actos quedaron moi bonitos e vistoros.

Máis cousas

 

Este luns, dentro das actividades para o 8M programadas desde Asociación sociocultural feminista, As Curandeiras estarán no IES Terra de Soneira cos alumnos e alumnas de terceiro da ESO. Proxectaráse o filme "Tódalas mulleres que coñezo" da directora Xiana do Teixeiro na que transcurren tres conversacións reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria sobre violencia, xénero e espazo público e onde a directora busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo e sobre a violencia que non resulte violento.
Posteriormente terá lugar unha actividade dinamizada por Maria Bella, investigadora e productora cultural, coa que se tratará de xerar un espazo de escoita e fala a partir das experiencias propias dos participantes.
Entre as palabras clave do encontro estarán a igualdade de xènero, identidade, patriarcado, feminismo e botrato.

Novas 8M

Comentarios