Venres. 26.04.2024
El tiempo

A combativa banda de rock en galego Almánimal presenta o seu primeiro EP

A combativa banda de rock en galego Almánimal presenta o seu primeiro EP
ALMANIMAL-banda rock Carnota Almánimal, a banda carnotá de rock en galego Ver crecer ás bandas da bisbarra é un dos sentidos de QPC. E se esta semana coñecíamos un premio que gañaban os muradáns Maestro, esta semana damos conta do primeiro EP da banda carnotá Almánimal. O disco, que leva por título o nome da banda, presentaráse o próximo venres 19 de outubro, ás 00:30h no Pub Neiro en Cee. Esta banda costeira de rock en galego nacía en 2014, e ten base en Carnota. Xa pasaron case dous anos despois daquel hit “Conselleiro do lugar”, e a banda segue medrando. Os Pablo de Peres (guitarra), Norman Betancourt (teclado), Sergio Trillo (Voz), Andy Touriñán (batería) e Fernando “Fena” de Andrés (baixo) xa teñen tocado en sitios míticos como a Sala Malatesta en Santiago de Compostela e no Castelo Rock 2018 abrindo o cartel. Ademáis, estiveron no Armadiña e na Festa dos Botes 2018, e tamén subiron ao escenario no recente Asaghieiras Master Festival.

Cen por cen actitude

Os directos son o hábitat natural desta banda que trasmite unha auténtica actitude de rockandroll. Unha implicación que fai que a enerxía se trasmita da banda ao público e viceversa, dando a todos gañas de saltar, berrar e bailar. Almanimal no Asaghieiras Master Festival 2018 Almanimal, unha das mellores bandas da Costa da Morte, no Asaghieiras

Natureza e reivindicación nas súas letras

No seu traballo podemos atopar non só paixón pola música senón tamén amor pola natureza xa que é parte da súa identidade como persoas e banda. Letras loitadoras que falan da realidade do noso país tanto desde o ámbito político como ambiental como histórico. As cancións das que está composto o seu primeiro EP son: Conselleiro do lugar, Lume, Morriña, Psicandroll, Rocadelia e Dime Sombra. Almanimal no Castelo ROck Almanimal no Castelo Rock de Muros

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-asaghieiras-master-festival-celebrou-con-exito-10-anos-de-metal-costeiro/ https://quepasanacosta.gal/almanimal-lanza-a-sua-primeira-maqueta-para-arrasar-no-veran/ https://quepasanacosta.gal/almanimal-rock-galego-anticorrupcion/ https://quepasanacosta.gal/maestro-ganou-a-batalla-de-bandas-no-cuadrilatero-da-cuac-fm/

Comentarios